O Orzán SD imponse ao Torre SD (7-0) no Terresa Herrera Feminino e pasa á final da fase previa
A segunda das semifinais da fase previa do III Trofeo Teresa Herrera feminino tamén rematou en goleada. As rapazas do Orzán SD colleitaron unha ampla victoria por 7-0 diante das do Torre SD que plantaron cara con vontade, pero sen atinar coa portería rival.
Silvia Carregal
O campo Víctor Fernández Alonso (Leyma) foi o escenario do segundo partido da fase previa do III Trofeo Teresa Herrera Feminino, a que xogan diferentes equipos herculinos. O resultado do cruce entre Orzán S.D. e Torre S.D. foi un triunfo das aurinegras sobre das branquiazuis por un rotundo 7-0.
Coa caída do sol, a pobre iluminación da cancha, sobre todo na portería do Torre S.D., non foi precisamente de axuda á cancerbeira das blanquiazuis, aínda que non motiva de seu un marcador tan abultado.
Resta agora saber quen xogará en Riazor diante do Rayo Vallecano. Para iso medirán forzas na final desta fase previa coruñesa os planteis do Victoria C.F. e do Orzán S.D. O partido está marcado para as 19:00 horas do domingo día 2 de agosto de 2015 no campo Rodrigo García Vizoso (Grela 1).
O conxunto que resulte gañador deste partido terá acceso a xogar a final que terá lugar o 8 de agosto no Estadio Municipal de Riazor. Nesta terceira edición, o rival para o mellor equipo coruñés será o Rayo Vallecano.
O partido celebrarase antes da final masculina que disputarán, nesta LXX edición do Trofeo Teresa Herrera a partir das 20:00, o Real Club Deportivo de La Coruña e o Sporting Braga.
O calendario de partidos previstos no Estadio de Riazor para a tarde do 8 de agosto dentro do Trofeo Teresa Herrera é o seguinte:
- 16:00 horas -> Finais Mini Teresa Herrera de Fútbol-8 categoría Prebenxamín e Benxamín.
- 17:30 horas -> Final Teresa Herrera Feminino: Rayo Vallecano Vs Equipo vencedor fase previa coruñesa.
- 20:00 horas -> Final Teresa Herrera Masculino: Real Club Deportivo de La Coruña–Sporting Braga.
Trackbacks