Skip to content

O Victoria CF vence ao Imperator OAR por un contundente 8-0 no Teresa Herrera

Xullo 31, 2015

Triunfo categórico do Victoria CF diante do Imperator OAR que xogou con algunhas rapazas moi novas. Seguro que co tempo e traballo as vermellas poderán ser, nun futuro, un mellor rival fronte a conxuntos máis feitos como o que lles tocou en sorte para o seu debú no Teresa Herrera Feminino.

Silvia Carregal

Imperator OAR VICTORIA Teresa Herrera GOL

As xogadoras do Victoria festexan un dos seus goles diante da frustración das do Imperator OAR

O campo da Leyma (Víctor Fernández Alonso) acolleu onte o primeiro partido da fase previa do III Trofeo Teresa Herrera Feminino. As rapazas do  Victoria C.F., gañadoras das dúas edicións anteriores, impuxéronse con rotundidade a un voluntarioso, pero aínda un chisco verde,  Imperator Obra At. Rec. O tanteo final reflectiu un 8-0 que non deixa lugar a dúbidas sobre quen mandou sobre do tepe de herba artificial da cancha herculina.

Imperator OAR VICTORIA Teresa Herrera 7

Esta tarde, tamén no Víctor Fernández Alonso (Leyma) e igualmente a partir das 21:00 horas, van medir forzas o Torre S.D. e o Orzán S.D. Será a segunda das semifinais da fase previa do III Trofeo Teresa Herrera Feminino da Coruña.

IMAXES DO VICTORIA CF Vs IMPERATOR OAR

Imperator OAR Teresa Herrera 1

Imperator OAR VICTORIA Teresa Herrera 4Imperator OAR VICTORIA Teresa Herrera 5

 

Imperator OAR VICTORIA Teresa Herrera 17

Loitan por un posto na final en Riazor

Logo destas semifinais xogarase unha final da fase previa o domingo día 2 de agosto de 2015 no campo Rodrigo García Vizoso (Grela 1). O cruce definitivo que dará ao conxunto vencedor o pase á final en Riazor, xogarase a partir das 19:00 horas entre o Victoria CF e as gañadoras do cruce desta tarde entre o Torre S.D. e o Orzán S.D.

A final xógase o 8 de agosto no Estadio Municipal de Riazor. Nesta terceira edición, o rival para o mellor equipo coruñés será o Rayo Vallecano.

O partido celebrarase antes da final masculina que disputarán, nesta LXX edición do Trofeo Teresa Herrera a partir das 20:00, o Real Club Deportivo de La Coruña e o Sporting Braga.

calendario de partidos previstos no Estadio de Riazor para a tarde do 8 de agosto dentro do Trofeo Teresa Herrera é o seguinte:

  • 16:00 horas -> Finais Mini Teresa Herrera de Fútbol-8 categoría Prebenxamín e Benxamín.
  • 17:30 horas -> Final Teresa Herrera Feminino: Rayo Vallecano Vs Equipo vencedor fase previa coruñesa.
  • 20:00 horas -> Final Teresa Herrera Masculino: Real Club Deportivo de La Coruña Sporting Braga.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: