Skip to content

O II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira ‘Mavi’ Concello de Fene pecha as súas portas con éxito

Xullo 26, 2015

Na última xornada, desenvolvida o pasado venres, congregáronse máis de 50 persoas sobre o parqué do pavillón da Xunqueira en Fene.

II Campus de Fútbol Sala Femenino María Vieira "Mavi" Concello de Fene

II Campus de Fútbol Sala Femenino María Vieira “Mavi” Concello de Fene

Redacción

A segunda edición do Campus de fútbol sala feminino María Vieira ‘Mavi’ Concello de Fene pechou as súas portas ata o próximo verán cunha gran festa que contou coa participación de xogadoras internacionais, familiares das participantes, representantes municipais e monitoras.

II Campus de Fútbol Sala Femenino María Vieira "Mavi" Concello de Fene

II Campus de Fútbol Sala Femenino María Vieira “Mavi” Concello de Fene

Na Festa de Clausura familiares e amizades das nenas invadiron a pista do pavillón polideportivo da Xunqueira para participar activamente xunto a elas nas diversas actividades propostas polas monitoras: balonmán, hockei, partidos de fútbol sala con globos e pelotas de tenis…

Como colofón final á xornada, na que tamén houbo sorteos, Mavi Vieira e Erika González entregaron as medallas conmemorativas do evento, en presenza e coa colaboración de diversos representantes do goberno municipal de Fene e da oposición. Eles e elas, foron os encargados de realizar a entrega de diplomas e lambetadas ás mozas deportistas.

Lidia Mesías

Lidia Mesías

Un campus que vai máis aló do FutSal

Ao longo destas dúas semanas, distribuídas en 10 sesións, as 23 participantes inscritas gozaron da actividade física, sempre dende unha perspectiva lúdica, achegándose, non só ao deporte do fútbol sala, senón tamén a outras disciplinas: rugbi, balonvolea, baloncesto, hóckei, bádminton, balonmán…

Erika González Asensio

Erika González Asensio

O fútbol sala foi o eixo central das sesións, nas que as nenas tiveron a oportunidade de descubrir e iniciarse na aplicación de diferentes conceptos técnico-tácticos característicos do fútbol sala. Como organizadoras e mestras de cerimonias o Campus contou un ano máis con Pili Costa e Natalia Prieto, ambas as dúas adestradoras tituladas en Educación Física.

Claudia Martínez

Claudia Martínez

 

A importancia e relevancia deste campus dentro do mundo do fútbol sala, queda reflectida na calidade do cartel de figuras do fútbol sala feminino español actual que participan activamente nel:

  • Erika González Asensio, xogadora internacional do Valdetires FSF (Ferrol) de Primeira División
  • Lida Mesías, xogadora internacional que xogou a pasada tempada en Primeira División no Viaxes Amarelle FSF da Coruña.
  • Claudia Martínez, xogadora internacional do Poio FS de Primera División.
  • Alba López García, xogadora do Valdetires FSF de Primera División.
Alba López

Alba López

Ademais destas figuras en activo tamén participou María Fernández Villamar, coñecida deportivamente como “Minchi“, quen foi porteira de División de Honra varias tempadas xogando co Meirás FSF e que realizou unha “Masterclass para porteiras“, actividade que divertiu especialmente ás 23 inscritas.

Minchi

Minchi

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: