Skip to content

O II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira ‘Mavi’ Concello de Fene chega ao seu ecuador

Xullo 17, 2015

Na xornada de hoxe as participantes contaron cunha nova visita sorpresa de Lidia Mesías, xogadora internacional de Narón.

Redacción

II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene

II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira “Mavi” Concello de Fene

O II Campus de fútbol sala feminino María Vieira Mavi Concello de Fene chegou na xornada de hoxe ao seu ecuador tras a celebración da súa quinta xornada na pista do Pavillón da Xunqueira en San Valentín (Fene).

Ao longo desta primeira semana as 23 participantes inscritas gozaron das entretidas e variadas sesións propostas por Pilar Costa e Natalia Prieto, organizadoras do Campus, en colaboración co Concello de Fene.

Co fúbol sala como eixe central o día a día das xogadoras transcorre entre exercicios técnico-táticos, xogos de cooperación e moitas actividades multideporte: voleibol, fut-tenis, baloncesto, hóckei, rugbi… Na xornada do xoves, aproveitando o bo tempo estival, o Campus trasladou o seu escenario á praia de Amieiras en Fene, onde houbo máis dunha que rematou pasada por auga.

 

Xogadoras destacadas visitan o campus

Ao longo desta semana o Campus recibiu varias visitas de xogadoras de renome. O luns, día da presentación do Campus, fixo as honras de inauguralo a xogadora internacional de Fene da que toma o nome o Campus, María Vieira “Mavi”, quen charlou e participou nos exercicios coas nenas. O mércores a quenda foi para o referente actual na bisbarra, Erika González Asensio, xogadora internacional do recén ascendido Valdetires FSF. Hoxe venres foi a quenda para outra gran xogadora internacional de Narón, Lidia Mesías. A próxima semana seguirán visítas sorpresa de luxo neste II Campus de Fútbol Sala Feminino.

O cartel de colaboracións desta edición superará en calidade ao do ano pasado, achegando ao Concello de Fene a xogadoras de fútbol sala de primeiro nivel mundial.

II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira "Mavi" Concello de Fene

II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira “Mavi” Concello de Fene

Tras o parón da fin de semana o II Campus voltará á actividade o vindeiro luns, dando comezo á segunda e última semana. Este evento despedirase das xogadoras o venres 24 de xullo nunha xornada festiva que se prevé chea de sorpresas.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: