Skip to content

David González Piñón, da selección española de FutSal, impartirá un relatorio en Fene

Xuño 24, 2015

  • O membro do corpo técnico das seleccións españolas de fútbol sala, David González Piñón, vai impartir un relatorio na “II Sesión Maxistral con…” que organiza Ártabras Fene FSF.
  • A cita está fixada para o vindeiro día 28 de xuño, entre as 10:30 e as 14:00 horas, no Pavillón Polideportivo da Xunqueira en San Valentín.
  • O club de Fene despide a tempada o vindeiro domingo 28 no pavillón de San Valentín cunha última sesión formativa a cargo dun dos referentes do fútbol sala da bisbarra.

Redacción

David González Piñón

David González Piñón

O membro do corpo técnico da Selección Española de Fútbol sala feminina e masculina, David González Piñón impartirá un interesante relatorio teórico-práctico na “II Sesión Maxistral con…” organizada polo club de fútbol sala feminino Ártabras Fene FSF

O relatorio de David terá unha dobre vertente, por un lado ofrecerá unhas pinceladas acerca da análise de video en fútbol sala e por outro lado, e con maior peso, centrarase no fútbol sala e a preparación física adaptada ás características físicas e psicolóxicas das xogadoras.

 

A traxectoria de David González

David González é Licenciado en INEF, e actualmente é o preparador físico e analista de video das Seleccións Españolas de fútbol sala. Como xogador, David é e foi un referente para varias xeracións de xogadores e xogadoras deste deporte en Galicia, e particularmente na bisbarra e Fene. A súa carreira como xogador levouno a militar en clubs de División de Honra como o Lobelle de Santiago, DKV Zaragoza, Leis, Ázkar. Sen dúbida, en Fene recórdaselle como o xogador referente do desaparecido Boandanza de Fene, onde militou entre os anos 1994 e 2003. Tamén foi xogador referente e capitán do Cidade de Narón.

David González Piñón

David González Piñón

Na Xunqueira o 28 de xuño

A II Sesión Maxistral terá lugar o próximo día 28 de xuño, entre as 10:30 e as 14:00 horas, no Pavillón Polideportivo da Xunqueira en San Valentín, Fene. Esta segunda sesión, a primeira foi a cargo de Diego Ríos, contará con parte teórica e demostración práctica, na que colaborarán as xogadoras de Ártabras e o público asistente que así o desexe. A entrada é libre e gratuíta.

As actividades formativas de Ártabras Fene FSF tiveron unha periodicidade mensual ao longo da tempada, contando cunha aceptable asistencia de público, e un nivel de calidade moi alto nos seus relatores. Recordemos que contaron coa impagable colaboración e presencia de Camilo Prieto, Diego Ríos, Cristina Álvarez, Sara Fonterosa…

Todas estas actividades foron organizadas coa colaboración do Concello de Fene. Sen dúbida, todo un éxito para unha entidade deportiva que non conta nin cun ano de existencia e que veu esforzándose en promover a formación deportiva en fútbol sala entre xogadores e xogadoras, corpo técnico, familiares e directiv@s, de clubs de toda a bisbarra.

Para a dirección de Ártabras Fene, os números deste ano fanlles ser optimistas de cara á próxima tempada e xa están a barallar os nomes de novos relatores e temáticas de interese para continuar con estas sesións.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: