Skip to content

At. Arteixo e Orzán SD propoñen un campus de FutFem de balde no Ponte dos Brozos

Xuño 21, 2015

  • Do 6 ao 11 de xullo Arteixo acolle un campus de fútbol destinado a nenas dende os 4 anos á idade senior. 
  • Para participar na actividade, que é de balde, pódese contactar por WhatsApp no número: 684 057 667 ou mediante o correo electrónico escribindo a: femeninoarteixo@gmail.com.

Redacción

FutFem 2015 Arteixo

 

 

Dende a SD Orzán apuntan que esta iniciativa é “o primeiro campus íntegramente feminino de fútbol na Coruña”. Trátase dunha actividade que se leva a cabo da man do Club Atlético Arteixo en colaboración co Concello de Arteixo.

O Club Atlético Arteixo organiza estas xornadas en colaboración co Concello de Arteixo e o Orzán Sociedade Deportiva que aportará os seus técnicos con ampla experiencia en fútbol feminino, así como a presenza de futbolistas do equipo de categoría nacional do club.

As datas
Estas xornadas desenvolveranse do luns 6 ao venres 10 de xullo de 10:00 a 14:00 horas no campo de fútbol de Arteixo Ponte dos Brozos.

Durante este campus levaranse a cabo diversas actividades para dar a coñecer o fútbol feminino entre as nenas que se queiran iniciarse, pero tamén están previstas tarefas de perfeccionamiento e mellora das distintas habilidades futbolísticas para as nenas e mozas que xa conten con experiencia no balompé.

Trátase dun campus aberto a todas aquelas nenas desde os catro anos ata a idade senior. Esta actividade é completamente gratuíta.

As interesadas en recibir máis información pódense poñer en contacto telefónico mediante a aplicación WhatsApp no número: 684 057 667 ou mediante o correo electrónico escribindo ao enderezo: femeninoarteixo@gmail.com.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: