Skip to content

Na Coruña, a SD Orzán organiza o seu II Stage de Fútbol Feminino con Nerea González

Xuño 19, 2015

 

A futbolista do club aurinegro, Nerea González Cuquejo será a organizadora do II Stage de Fútbol Feminino da SD Orzán da Coruña

Redacción

Nerea González

Nerea González

A capitana da Selección Galega Sub 16 e xogadora internacional co combinado español na categoría Sub 16, Nerea González, convida ás rapazas, que teñan polo menos cinco anos e que desexen vivir a experiencia de gozar do fútbol feminino, a que o fagan nesta actividade e da súa man.

Nerea, xogadora da SD Orzán, vai estar acompañada por todos os técnicos que tivo na súa formación desde cativa.

A cita está fixada para os próximos sábados 20 y 27 de xuño nos campos da Cidade Deportiva da Torre na Coruña desde as 18:00 horas o 21 e as 10:00 o 27. Alí compartirían  divertidas sesións de adestramento con ela.

Aberto a todos os públicos, Nerea agarda a todas as nenas de 5 años en diante para amosarlles como vive ela a experiencia do fútbol feminino.

Cartel Stage Nerea González / SD Orzán

Cartel Stage Nerea González / SD Orzán

As interesadas en anotarse pódeno facer escribindo ao seguinte enderezo electrónico: stagenerea@gmail.com ou a través da aplicación de telefonía móbil  WhatsApp comunicándose co número: 684 057 667

Hai que achegarse con roupa deportiva e moitas, pero moitas ganas de gozar cunha das mellores e máis prometedoras futbolistas galegas do momento.

Quen se anima?

 

Nerea González

Nerea González

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: