Skip to content

O Concello de Fene organiza o II Campus de Fútbol Sala feminino ‘Mavi’

Xuño 18, 2015

A través da Concellería de Deportes e Cultura, o Concello de Fene desenvolverá este  verán o II Campus de Fútbol Sala Feminino María Vieira “Mavi”. Esta actividade está dirixida a rapazas entre 5 e 25 anos que gosten do FutSal.

Redacción

II Campus Mavi

II Campus Mavi

 

O II Campus Feminino de Fútbol Sala vai dirixido a nenas e rapazas de entre 5 e 25 anos, celebrarase entre o 13 e o 24 de xullo, de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas no pavillón polideportivo de A Xunqueira, San Valentín, Fene. O número de prazas está limitado a 25.

O prazo de inscrición para este evento deportivo abrirase o 23 de xuño no Departamento de Cultura e Deportes (Avda. Naturais, 44 entrechán, Fene), quedando pechado o vindeiro 8 de xullo. A cuota de participación é de 28,20 euros.

O II Campus Maviterá a mesma duración que a edición do 2014, en total dúas semanas nas que as participantes praticarán non só fútbol sala senón un montón de xogos e actividades multideporte, como o volei, futenis, bádminton, rugbi, balonmán, baloncesto… ; minipartidos e competicións. Por suposto abordaranse exercicios técnico-tácticos máis específicos de fútbol sala adaptados ao nivel de cada participante. Tamén Terán protagonismo as actividades ao aire libre nos arredores do pavillón e praias do Concello.

 

Convidadas relevantes

O Campus contará una vez máis coa visita sorpresa de xogadoras internacionais coa selección española de fútbol sala feminino e da 1ª División Nacional.

As monitoras encargadas de desenvolver esta actividade son Pili Costa, Licenciada en INEF e adestradora de Fútbol Sala Nivel II pola RFEF e Natalia Prieto, Mestra en Educación Física e monitora de fútbol sala e fútbol. As dúas contan con ampla experiencia nesta disciplina deportiva, tanto na súa etapa de xogadoras como na actual de adestradoras.

Para máis información, as persoas interesadas poden facer as súas consultas no teléfono da Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene: 981 340 366; ou no seu email cultura.deportes@fene.es.

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: