Skip to content

A SD Orzán xa ten organigrama técnico para a súa parcela feminina

Xuño 11, 2015

Diego Fernández continuará á fronte do Primeiro Equipo da SD Orzán (Feminino A) logo de acadar a permanencia do mesmo en Segunda División Nacional.

Redacción

Organigrama técnico feminino da SD Orzán 2015

Organigrama técnico feminino da SD Orzán 2015

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O organigrama técnico do Orzán Sociedade Deportiva cara á vindeira tempada, na súa parcela feminina, conta tamén con Luís Igrexas que seguirá comandando o Feminino B unha vez consolidado o proxecto de promoción das nosas mozas en Primeira División Galega de face ao Feminino A donde esta tempada foron ata oito as futbolistas que chegaron a debutar en Nacional.

Manuel Beade incorpórase ao staff técnico feminino da SD Orzán tras varios anos traballando no fútbol base masculino do mesmo. Beade vai ser o adestrador do Infantil Feminino.

Miguel García cumprirá a súa segunda tempada á fronte do Alevín Feminino continuando desta forma un gran traballo de formación das nenas desde a base.

No apartado específico das porteiras o club recupera a Josué L. Díez trala súa experiencia na Fundación Marcet de Barcelona.

O Orzán SD continúa traballando para pechar os técnicos dos seus equipos femininos de Benjamines e Prebenjamines que sairán a competir a próxima tempada.

O presidente Juan Manuel Eiras Otero e toda a súa xunta directiva agradeceron encarecidamente nun comunicado “o traballo e dedicación de todos os técnicos do club que permitiron que unha tempada máis o Orzán Sociedade Deportiva ser o club con maior número de licenzas femininas de Galicia onde o prioritario é o goce do fútbol das propias nenas e as súas familias”.

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: