Skip to content

Mugardos celebra o seu I Campus Fútbol Sala do 22 ao 26 de xuño

Xuño 7, 2015

  • Continúa aberto o prazo de inscrición no I Campus de fútbol sala para nenas e nenos Concello de Mugardos
  • O Concello de Mugardos organiza do 22 ao 26 de xuño unha actividade de iniciación ao fútbol sala especialmente dirixida a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos, nados entre os anos 2002 e 2006.

Redacción

Mugardos_Campus_2015

 

 

 

 

O prazo de inscrición abríuse o pasado 1 de xuño cunha moi boa acollida entre os pícaros e pícaras de Mugardos e de Ferrolterra. Aquelas persoas que desexen inscribirse poderán facelo ata o vindeiro día 16 de xuño na OMIX do Concello de Mugardos, coa que se pode contactar no teléfono 981470338 ext 3.

Esta actividade será impartida por profesorado con ampla experiencia deportiva e titulado na especialidade:

  • Pili Costa, Licenciada en INEF e Adestradora Nacional de fútbol sala Nivel II pola RFEF
  • Natalia Prieto, Mestra en Educación Física, adestradora de fútbol sala pola FGFS e de fútbol pola FGF

As xornadas desenvolveranse entre as 10:00 e as 14:00 horas, estando divididas en dúas partes que sumarán un total de 100 minutos de actividade deportiva. No medio, haberá un pequeño descanso para recuperar forzas e hidratarse.

Cada bloque dividirase á súa vez en diferentes sesións de xogos e actividades variadas. O fútbol sala será o eixo central deste campus pero tamén se practicarán outros deportes e, en función da metereoloxía, haberá sesións que se desenvolverán na praia.

O Campus finalizará o 26 de xuño cunha festa de despedida na que de seguro haberá algunha sorpresa para os participantes.

O día a día do Campus terá cumprido seguimento na súa Páxina Oficial de Facebook: www.facebook.com/CampusFutsalMugardos

 

Máis información:

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: