Skip to content

Victoria do Ártabras Fene diante dun Fisober FSF B moi minguado

Febreiro 12, 2015

O Ártabras Fene acadou a súa segunda vitoria consecutiva na Liga Provincial Feminina de Fútbol Sala da Coruña fronte a un Fisober FSF B que se presentou moi minguado e non foi rival para as locais.

Redacción

Ártabras Fene FSF vs Fisober FSF B

Ártabras Fene FSF vs Fisober FSF B

O partido empezábao o Ártabras moito máis enchufado que o rival, dando mostras claras de perigo dende o inicio, aínda que pecando da habitual indolencia cara a gol. Ártabras encontrouse cun Fisober FSF B en cadro, cun único cambio útil e con serias dificultades para saír da presión alta á que foron sometidas.

Proba desta superioridade local chegaron os dous temperáns goles de Antía, que parecían abrir o camiño ás de Fene cara a unha prácida tarde con goleada incluída. Finalmente non aconteceu así e estes serían os dous únicos goles do encontro.
O asedio á portaría visitante foi constante durante todo o encontro á vez que o desacerto de cara a porta, unha constante negativa que arrastran as xogadoras de máis peso no equipo fenés dende comezo de tempada e que parecen non ser capaces de corrixir.

Froito desta falta de contundencia e do bo facer da porteira visitante chegaríase ao descanso co resultado de 2-0.

Ártabras Fene FSF vs Fisober FSF B

Ártabras Fene FSF vs Fisober FSF B

Todo parecía indicar que as locais serían capaces de mellorar a súa puntaría tras o descanso, aumentando a distancia no marcador, pero non aconteceu así. Ante esta falta de acerto, comezaron a facer acto de presenza os nervios e con eles os erros. O pulo e a presión das de Vimianzo, que aínda que non era asfixiante, puxo en apuros en máis dunha ocasión a portaría local defendida por Stefa, en primeira instancia e Almu durante uns minutos da segunda. Ambas as dúas porteiras solucionaron as súas intervencións de forma favorable ás locais. Finalizou esta gris segunda parte sen máis novidade.

O máis positivo deste encontro para Ártabras sen dúbida son os 3 puntos que se conseguiron, encadeando a segunda vitoria consecutiva desta segunda volta. O obxectivo para estas semanas de traballo para ás de Fene é ir corrixindo os erros que se veñen cometendo de forma habitual, sobre todo no control de balón e a definición cara a porta. Corrixir estes erros considérase fundamental, en opinión da adestradora Pili Costa, de cara a poder competir por algo máis nun futuro.

Ártabras Fene colócase en oitava posición da clasificación con 22 puntos. A próxima xornada enfróntase como visitante ao equipo de SD A Baña, o encontro disputarase o 21 de febreiro.

 

FICHA TÉCNICA:

ÁRTABRAS FENE FSFStefa, Andrea, Cintia, Claudia e Antía. Tamén xogaron María, Uxía, Thalia, Almu e Marta

FISOBER FSF B: Nuria, Paula, Andrea F, Alejandra e Andrea R. Tamén xogou Antía.

GOLES:  1-0: Antía, min 5. 2-0: Antía, min 9.

ÁRBITROS: José Juan Romaus Carpente e Alejandra Bujía Piñeiro.

INCIDENCIAS: Partido disputado o sábado 7 de febreiro, ás 20:00 horas no Pavillón Polideportivo da Xunqueira, San Valentín, Fene, correspondente á xornada 16 da Liga Provincial Feminina de Fútbol Sala da Coruña.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: