Skip to content

‘Ghalisia’ quere repetir título en fútbol praia

Xullo 2, 2014

  • A Irmandiña feminina de fútbol praia arranca a súa preparación para revalidar o seu entorchado estatal
  • As xogadoras da selección galega de fútbol praia adestraron por primeira vez na tempada ás ordes de Pili Neira, seleccionadora galega, quen sostén que o bloque aspira a “revalidar o título. Temos moi boa selección e deberiamos volver co campionato”.
  • Preparan a súa participación no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se xogará nun mes en Canarias.
  • O areal escollido para esta primeira sesión preparatoria foi o de Sabón, en Arteixo.

Silvia Carregal

Irmandiña feminina de fútbol praia

De esquerda a dereita. Arriba: Pili Neira, Silvia, Sheila, Eba, Mirón, Nati, Desire, Vanesa, Benito e Xan. Abaixo: Quique, Anita, Sarita, Joana, Marta, Vanesa e Andrea.

 

Un grupo formado por deportistas chegadas do fútbol sala e do fútbol 11 conforman a Irmandiña de fútbol praia. A pasada fin de semana adestraban por primeira vez esta tempada estival.

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Citounas no areal arteixán de Sabón a súa seleccionadora, Pili Neira. Prepáranse co claro obxectivo de revalidar o seu título de campioas estatais. A cita está fixada do 31 de xullo ao 3 de agosto en territorio insular.

Adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

Adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

Esta primeira sesión foi de toma de contacto. O que traballamos principalmente foron fundamentos, para que recorden a técnica desta modalidade“, explica Pili Neira quen sostén que o bloque ten posibles e polo tanto aspiran a “revalidar o título“, de campioas estatais que actualmente atesouran. “Temos unha moi boa selección e deberiamos volver co campionato“.

 

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Non o di por dicir, a adestradora explica que na selección que prepara hai “catro internacionais de fútbol sala e dous de fútbol grande”. É o caso da porteira do Olivo Sheila Fernández, internacional co combinado de España. Así pois, polo menos sobre o papel, hai madeira.

 

Neira dirixindo o adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

Neira dirixindo o adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

 

Unha selección continuista

Para o adestramento de Sabón estaban convocadas dende o Ponte Ourense S.A.D. Vanesa Barbeira Martínez, Marta Rodríguez Figueirido e Ana Rivera Chaves; do Olivo Sheila Fernández Suárez, Sara González Rodríguez e Natalia de Francisco Gómez; do Sardoma C.F. Joana Montouto Escudero e Desiré Gardón Álvarez; do Peluquería Mixta Friol Andrea Miron Castro e Andrea Carid Cao; do C.D. Beade Eba Bermúdez López, do Poio F.S. Silvia Aguete Outón e do Cidade das Burgas Vanesa Sotelo Quintela.

 

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Tal e como explica Neira: “A convocatoria non cambia moito con respecto das rapazas coas que contamos o ano pasado. Non sería lóxico dado que quedaron campioas estatais. Basicamente caen dúas rapazas, pero por decisión propia. Unha por traballo e outra ao ter fichado nun equipo de fóra de Galicia. Ao non ter ficha galega pode xogar connosco“.

Adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

Adestramento da Irmandiña en Sabón (Arteixo)

 

Pili Neira non deixa de agradecer ás achegas que lle fan outros membros do corpo técnico como Xan, porteiro internacional, Benito, o seu segundo, ou Quique. “Teño unha xente conmigo que me aporta moitísimo. Eu nesta disciplina teño aínda moito que aprender”, advirte.

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Moitas das convocadas son xogadoras de fútbol sala, unha disciplina que acostuma a nutrir equipos desta disciplina tanto ou máis que o fútbol 11. “Non sei se é pola situación de que xogan sempre cinco pero o certo é que se adaptan moi ben. Xa o ano pasado estaban e fixérono moi ben. Fixemos unha boa mestura entre dunhas e outras. Hai moi bo ambiente e eu estou moi satisfeita xa so por iso“, explica a adestradora.

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

O berro final do grupo ao final do adestramento corrobórao. En roda, man sobre man, facendo piña tanto xogadoras como corpo técnico, lanzaron ao aire un sonoro “GHALISIA” que soou con rotundidade fronte ao mar arteixán. E berrárono así, con geada e seseo, para que ninguén dubide que son a Irmandiña e de onde veñen.

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Adestramento Irmadiña Fútbol Praia en Sabón (Arteixo)

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: