Skip to content

Ser muller nunca é unha escusa, sempre é motivo de fachenda *

Xuño 30, 2014

* Discurso de agradecemento a Mudega polo premio outorgado a Ellas También Juegan na III Gala do Deporte Feminino Galego

 

Silvia Carregal

 

Hai 3 tres anos nacía Ellas También Juegan coa fin de visibilizar o papel da muller no deporte en Galicia. O proxecto vai máis aló do blog. Co mesmo fin, partillo a cotío información de diferentes medios de comunicación en varias redes sociais. E dous medios escritos, Xornal de Galicia e DxT Campeón, teñen publicado contidos deste espazo dixital.

As mulleres estamos no deporte máis do que se nos ve.

Desa carencia de visibilidade temos parte de responsabilidade os medios de comunicación e os xornalistas, pero tamén as propias mulleres cada vez que nos facemos de menos nós mesmas. Cada vez que non damos un paso cara adiante cando acadamos unha meta.  Todas as ocasións nas que pensamos que o que facemos non é tan importante.

Eu mesma, cando Mudegá comunicoume que Ellas También Juegan  ía ser premiada nesta gala planteime se o proxecto merecía o galardón.

Aínda non sei se o merece ou non, pero teño claro que Vero Boquete, Bea Gómez, Támara Echegoyen, Estefanía Hernández, Pili Neira, Mercé Barrientos, Lis Franco, Maribel, e tantas outras que teñen protagonizado contidos nesta bitácora,  SI MERECEN que existamos medios como Ellas También Juegan  que contamos o que fan.

 

E diredes… Quen é esa tal Maribel?

Cóntovos…

Maribel é a muller máis afeccionada a todo tipo de deportes que coñezo.

A Maribel válelle o fútbol o mesmo que o taekwondo, o golf ou tenis.

Iso si… non ten practicado deporte ningún.

 

Pero resulta que foi ela que me aprendeu a gozar de cancha en cancha.

Co meu pai ensinoume a non calar cando os homes opinaban de deportes.

Xuntos, da man, ningún por diante do outro, criáronme para estar certa de que ser muller non debía ser un atranco para acadar metas.

 

Así que grazas a Mudegá polo recoñecemento, pero permitídeme dárllelas grazas infinitas a eles dous, Víctor e Maribel, por aprenderme a non baixar os brazos, nin a cabeza  e  a que ser muller NUNCA  fose para min UNHA ESCUSA e sempre un motivo de FACHENDA.

Silvia Carregal co premio de Mudega

Silvia Carregal co premio de Mudega

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: