Skip to content

A III Gala do Deporte Feminino Galego de Mudega, unha festa con fondo reivindicativo

Xuño 30, 2014

  • O Concello do Porriño acolleu a terceira edición dunha cita na que anualmente Mulleres Deportistas Galegas (Mudega) tenta homenaxear a aquelas persoas que máis fixeron pola muller no deporte en Galicia.
  • Os dous momentos máis emotivos aconteceron na entrega do premio a Gerardo Méndez, que recolleron a súa viuva e a súa filla, e co recoñecemento a unha das pioneiras do fútbol galego, Matilde Alonso.

 

Premiados Gala deporte feminino Mudega 2013

Premiados Gala deporte feminino Mudega 2013

Redacción

O Porriño acolleu a III Gala do Deporte Feminino Galego que organiza anualmente Mulleres Deportistas Galegas (Mudega). Trátase dunha cita para o recoñecemento do traballo ben feito ao longo do ano, pero non deixa de ser tamén unha lembranza de que, aínda que se ten avanzado, queda por diante moito camiño por percorrer na igualdade de trato para o deporte feminino

Tal e como Pili Neira, presidenta de Mudega, advertiu no seu discurso: “Son moitos os retos que aínda temos que superar, moitas as barreiras que temos que derrubar, pero como reza o noso lema: Xuntas facemos equipo, e a boa fe, que unidas conseguiremos aos poucos, eliminar as barreiras aínda existentes”.

Mariel Padin e Pili Neira

Mariel Padin e Pili Neira

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mercé Barrientos, ex presidenta da Federación Galega de Taekwondo, foi crítica coa situación actual. Barrientos foi premiada como mellor directiva logo de 12 anos á fronte da federación e de ter acadado que as licencias femininas medrasen nese tempo nun 300%.

Mercé Barrientos recollendo o seu premio

Mercé Barrientos recollendo o seu premio

 

Con determinación e rotundidade, Mercé apoiou o seu discurso nos títulos dun par de temas musicais de grupos galegos, lamentando, por exemplo, a ausencia de representación dunha parte da política galega advertindo que se cadra, como dicía Golpes Bajos, non son “bos tempos para a lírica”. Logo escolleu a Siniestro Total para preguntarse “Quen somos, de onde vimos, e cara onde imos” no deporte femenino.

 

 

 

 

 

A xornalista Silvia Carregal, creadora e editora desta bitácora, foi premiada precisamente polo traballo aprol da visibilización do papel da muller no deporte en Galicia que se fai dende Ellas también juegan.

Entrega premio a Ellas Tambien Juegan

Entrega do premio a Silvia Carregal pola bitácora Ellas Tambien Juegan

A comunicadora coruñesa apuntou que as mulleres “estamos no deporte máis do que se nos ve”, pero matizou que desa “carencia na visibilidade teñen parte de responsabilidade os medios, os xornalistas, pero tamén as propias mulleres cada vez que nos facemos de menos nós mesmas. Todas as ocasións nas que pensamos que o que facemos non é tan importante”.

 

Na gala entregóuselle o premio á mellor xuíza a Mónica Flores, que comenzou na arbitraxe do triatlón no 1999 e en 2013 acadou a categoría internacional.

Mónica Flores, xuíza de triatlón

Mónica Flores, xuíza de triatlón

Flores, preside ademais dende 2011 o Colexio de Xuíces Galegos desta disciplina e desprazouse dende unha competición para poder estar no acto.

 

A empresa Godoy Maceira SL foi galardoada polo seu apoio ao Balonmano Porriño durante os últimos oito anos.

Godoy Maceira

Godoy Maceira

 

Precisamente outro dos premiados, como mellor adestrador, foi Abel Estévez que leva 27 anos ligado ao BM Porriño. En 2013, cun equipo no que a canteira tiña moito peso, acadou a clasificación para a Copa da Raíña e a sexta praza na Liga.

Abel Estévez, adestrador do BM Porriño

Abel Estévez, adestrador do BM Porriño

 

A Concellaría de Deportes da Coruña foi recoñecida na categoría de institución pública polo paso cara a igualdade que supuxo a celebración da primeira edición do Teresa Herrera de fútbol en categoría feminina. O concello herculino traballa xa na segunda edición.

Francisco Mourelo

Francisco Mourelo

O concellal de deportes, Francisco Mourelo, recolleu o trofeo da man da vicepresidenta da deputación da Coruña, Mariel Padín.

 

Un dos momentos máis emotivos da gala foi o recoñecemento á traxectoria ao finado Gerardo Méndez. Quen fora seleccionador galego xuveníl feminino de balonmán e que morreu en 2013. A súa viuva, Olga, e a súa filla, Sara, recolleron emocionadas o trofeo a título póstumo.

A muller e a filla de Gerardo Méndez, recolleron o premio

A muller e a filla de Gerardo Méndez, recolleron o premio

A mellor iniciativa a prol do deporte feminino foi para o Club de Loita Olímpica San Ignacio, que ten sido un dos primeiros e apostar pola presenza da muller nesta modalidade.

Loita olímpica

Loita olímpica

 

Matilde, a muller que quería sacar aos nenos da rúa

Entrañable foi o recoñecemento como Mención Especial, a Matilde Alonso Filgueira.

Matilde Alonso

Matilde Alonso

Trátase dunha das pioneiras da presenza da muller no fútbol en Galicia, e a descubridora de Verónica Boquete, actualmente a futbolista galega con maior proxección internacional. Matilde explicou que coas súas accións nada máis que pretendida “quitar a aqueles rapaces da rúa”. As súa reflexión puxo sobre da mesa a sinxela importancia do deporte para mudar vidas.

 

Dúas compañeiras de Aroa Freije acudiron a recoller o premio á mellor deportista promesa de 2013.

Compañeiras de Aroa Freije

Compañeiras de Aroa Freije

A deportista estaba competindo en Francia e non puido acudir en persoa aínda que remitiu un vídeo de agradecemento. Aroa, con 15 anos, gañou o bronce no Europeo cadete o ano pasado e conta con varios Campionatos de España de Pentatlon Moderno en categoría superior á súa idade.

 

Vicky Alonso, xogadora de baloncesto en cadeira de rodas

Vicky Alonso, xogadora de baloncesto en cadeira de rodas

 

A viguesa Vicky Alonso, que xoga ao baloncesto en cadeira de rodas onde a competición é mixta, foi en 2013 a máxima anotadora no Europeo. Para ela foi o recoñecemento á mellor deportista con discapacidade, un galardón que se entregaba este ano por vez primeira.

 

A nadadora Beatriz Gómez, recoñecida nesta gala como a mellor deportista de 2013, non puido asistir precisamente por estar competindo en Cataluña. O presidente da Federación Galega de Natación (FEGAN), Carlos Bremón, destacou que a deportista decidira adestrarse en Galicia, “en casa”, no Centro Galego de Tecnificación Deportiva e non fóra.

Presidente da Federación Galega de Natación

Carlos Bremón, presidente da Federación Galega de Natación

En 2013 Bea Gómez Cortés foi quinta en 400 metros estilos do Campionto de Europa e chegou a semifinais no Mundial de Barcelona nos 200 estilos sumando unha quinta praza nos 4×200 metros libres.

 

O presidente do Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco Fanego, recolleou o trofeo que acredita ao clube lucense como o mellor de 2013. O conxunto galego acadou os títulos de Liga e Copa na tempada 2012-13.

Presidente do Burela Pescados Rubén de FSF

Manuel Blanco Fanego, presidente do Burela Pescados Rubén de FSF

 

O Concello do Porriño, que destaca polo seu compromiso co deporte femenino, patrocinou a gala que foi amenizada por tres parellas de baile da Escola Pasos. O alcalde do concello anfitrión, Nelson Santos, repasou os perfiles dos premiados e devolveu chiscadela a Mercé Barrientos elixindo, eso si, outros temas musicais.

Nelson Santos, alcalde do Porriño

Nelson Santos, alcalde do Porriño

Nelson Santos tivo un momento de lembranza para a triatleta Aída Valiño, atropelada en Oia hai unas semanas mentres adestraba na bicicleta, nun pelotón no que xusto estaba tamén o irmán do primeiro edil porriñés, Carlos, tamén ferido de gravidade.

A gala foi conducida pola xornalista, deportista e membro de Mudega, Lis Franco.

Lis Franco

Lis Franco

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: