Skip to content

Viaxes Amarelle e A Fervenza, vencedores nas III Xornadas Víctor Sieiro de FSF

Xuño 25, 2014

 

Redacción

Infantís do Viaxes Amarelle FSF

Infantís do Viaxes Amarelle FSF

A competición foi unha festa do fútbol sala feminino na que base e élite do cinco contra cinco galego xuntáronse darredor do balón para gozar dunha cita que ten lugar cada mes de xuño dende o pasamento do fundador do Sal-Lence.

Cidade das Burgas Ourense plantilla

Cidade das Burgas Ourense

Viaxes Amarelle FS, anfitrión, acadou o triunfo na categoría absoluta onde as rapazas do Cidade de As Burgas foron segundas, as do Ponte Ourense FSF terceiras e as do Valdetires Ferrol FSF cuartas.

 

Pódese consultar a clasificación da categoría senior na web do Campus Víctor Sieiro.

Clasificación senior III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

Clasificación senior III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

Capitanas Amarelle e Cidade das Burgas na mesa arbitral

Capitanas Amarelle e Cidade das Burgas na mesa arbitral

Na categoría infantil impúsoxe tamén o equipo coruñés que rematou a competición invicto e con só dous goles en contra. O Cidade de As Burgas foi segundo logo de perder unicamente coas gañadoras. A terceira praza foi para o Ponte Ourense FSF e a cuarta para as rapazas do Comarcal A Fervenza.

Cidade das Burgas infantil

Cidade das Burgas infantil

Pódese consultar a clasificación da categoría infantil na web do Campus Víctor Sieiro.

Clasificación infantil III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

Clasificación infantil III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

Alevíns da Fervenza

Alevíns da Fervenza

Alevíns do Fisober

Alevíns do Valdetires

As pequechas do  Comarcal A Fervenza arrasaron na idade alevín. Impuxéronse a todas as súas rivais finalizando gañadoras das xornadas. As nenas do Viaxes Amarelle  foron segundas, as do Fisober terceiras e as ferrolanas do Valdetires Ferrol FSF cuartas.

 

Pódese consultar a clasificación da categoría alevín na web do Campus Víctor Sieiro.

Clasificación alevín III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

Clasificación alevín III Xornadas Fútbol Sala Feminino Víctor Sieiro

 

Público III Xornadas FSF Víctor Sieiro

Público III Xornadas FSF Víctor Sieiro

A organización das III Xornadas de FSF Víctor Sieiro considera que o balanzo da edición foi “moi positivo” e agradeceu “a participación do clubes nesta cita, así como o respaldo do concello da Coruña, da FGFS e da familia Sieiro”.

Ramos e Sieiro, membras da organización

Ramos e Sieiro, membras da organización

Infantís do Viaxes Amarelle FSF

Infantís do Viaxes Amarelle FSF

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: