Skip to content

Muller e deporte, a debate na Coruña

Xaneiro 26, 2014

O Observatorio de Igualdade da Agrupación socialista coruñesa propón para o martes 28 de xaneiro que reflexionemos sobre muller e deporte. A cita é na rúa Zalaeta, nº 20 baixo da cidade da Coruña a partir das oito da tarde.

Mujer y deporte - Igualdad

Muller e deporte Observatorio de Igualdade da Agrupación socialista coruñesa

 

Redacción

Baixo do título “Distintos enfoques sobre o deporte practicado pola muller” falarán nunha mesa redonda catro ponentes. As elexidas son: Pili Neira, presidenta de Mudega e seleccionadora Galega de Fútbol Feminino; Bárbara G. Vilariño, xornalista con especialidade en xénero e cultura; Paula Curto, Licenciada en INEF e especialista en enseñanza deportiva en idades tempranas; e Lis Franco, ex xogadora internacional de fútbol, directora de Meiga Audiovisual e xornalista deportiva.

Así, mulleres de diferentes xeneracións e ámbitos, pero todas elas vencelladas ao deporte con visión de xénero, participarán nun debate aberto ao público.

Esta actividade forma parte dun ciclo denominado “Muller e deporte” que ven de organizar o Observatorio de Igualdade da Agrupación Socialista da Coruña.

 

XORNADA PREVIA

Hai unhas semanas foi Mª José Mosquera quen realizou unha ponencia con esa temática. Mosquera é profesora de Sociología do Deporte na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña desde 1989, tamén é doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e membro do GEXAFD (Grupo de Estudios de Xénero, Actividade Física e Deporte). A profesora Mosquera explicaba nas súas conclusións: “El deporte en sí no es bueno ni malo, ni machista ni igualitario. Puede transmitir valores positivos o valores negativos y puede fomentar la integración o la discriminación. Todo depende de la intención y de la orientación que se le dé al deporte”.

Tamén se pode ler nas conclusións que se incorporan na recensión da primera xornada que semella non interesar “el cambio del deporte a una perspectiva más igualitaria y educativa. (…) No interesa la integración de la mujer en el sistema deportivo. Solo parece interesar la integración de la mujer si es compatible con la idea tradicional y predominante de la mujer: sensible, delicada, dulce etc. El deporte espectáculo va dirigido a los hombres, se suprime la imagen de la mujer, o  se adapta a unos patrones determinados y se le da un papel secundario o subordinado. Se fomenta en el hombre la idea de la agresividad, la lucha, el egoísmo, etc”.

 

CADA MES, UNHA TEMÁTICA DE XÉNERO

O Observatorio da Igualdade da Agrupación Socialista Coruñesa tenta analizar cada mes a situación da muller dende un punto de vista diferente. Durante os últimos meses veñen de falar ao respecto de: muller e medios de comunicación, muller e saúde sexual e reprodutiva, muller e discapacidade, muller e o mundo laboral, muller e coeducación, muller e violencia de xénero e muller e inmigración. Agora tocoulle o turno á temática muller e deporte.

 

 

Ligazóns recomendadas na primeira xornada:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: