Skip to content

A ferrolá Iria Grandal, abre os Xogos para a participación galega

Xullo 27, 2012

Ten apenas 21 anos e non contaba con estar en Londres 2012. Acadou o pasaporte cara aos Xogos Olímpicos cando ninguén pensaba que podía estar alí. Pero está.

 

Silvia Carregal

Sen nada que perder e moito que gañar, Iria Grandal (Ferrol, 13/08/1990) non ten máis aspiración nesta competición que aprender, medrar y se cadra, dar a sorpresa. Ocupa o posto 79 no ranking mundial, así que a súa presenza nos Xogos Olímpicos é unha agradábel sorpresa para todos, tamén para ela e o seu adestrador.

 

Iria Grandal

Iria Grandal, en Londres coa equipación olímpica



 

A súa preparación e polo tanto a súa cabeza tiñan o obxectivo realmente posto en Río 2016, por iso estar en Londres é un premio chegado antes de tempo. Un banco de probas para o reto real que pola súa traxectoria debería estar en Brasil dentro de catro anos. Pero unha vez aquí, todo e posible. Se cadra, se o vento axuda… En fin, nunca se sabe.

 

El test olímpico de Iria Grandal y Elías Cuesta: “Estar en Londres es un premio”

 

Un vídeo do Comité Olímpico Español

 

A IMPORTANCIA DA MENTE

Esta arqueira estudante de xornalismo adestra normalmente no Centro de Alto Rendemento de Madrid. Alí, e agora en Londres, a deportista do Club Arco Narón está a potenciar a súa preparación psicolóxica “Non podo aspirar a facer algo que nunca fixen e que sei que non podo facer”, explicaba recentemente nunha entrevista. Asume que o seu sitio non estará no podio, pero esta participación é un magnífico banco de probas para que Brasil sexa outro conto. “O que teña que vir, virá”, sentenza. “En eliminatorias directas de tres en tres frechas, pode pasar de todo, aínda que non sexas o mellor nin o favorito, podes conseguir algo”, explicaba a deportista.

Ser a primeira en competir, tamén entre o global de españolas, colocouna no disparador mediático. Se cadra o tiro con arco non é unha disciplina que chame moito a atención, pero sendo os que abren xogo, tanto ela como o seu compañeiro de equipo Elias Cuesta veñen de conceder unha chea de entrevistas aos medios.

A Iria a practica do Tiro con Arco venlle de familia. Seu pai e seu irmán competían e disque ela non parou até conseguir que con sete anos a deixasen probar. A ‘Legolas’ galega mide 161 cm e pesa 55 quilos. Compite na modalidade de recurvo.

 

Iria Grandal en Londres

Iria Grandal, en Londres coa equipación olímpica

 

UNHA PREVIA PARA O LUNS

Nisto do Tiro con Arco, os que saben seica son os coreanos. De feito a Iria Grandal e ao seu compañeiro de equipo, o granadino Elías Cuesta, adéstraos un técnico desta nacionalidade chamado Cho Hyungmok.

Esta fase previa que a ferrolá afronta hoxe ten lugar en Lord’s Cricket Ground. No recinto olímpico cada arqueiro vai disparar 72 frechas. Durante catro minutos por fase, as setas sairán do arco en doce fases de seis disparos cada unha. En realidade as probas de hoxe o que determinan é quen será a rival de Iria na competición que principiará o luns.

Segundo os resultados acadados esta xornada previa, as arqueiras vanse emparellando en eliminación directa, o 1 co 64 o 2 co 63 e así sucesivamente.

A final feminina, está prevista para o 2 de agosto entre as 10:00 e as 17:00 horas. Que Iria estea alí será complicado, pero  quen dixo medo?

 

Iria Grandal adestrando no Club ARCO Narón

Advertisements
4 Comentarios leave one →
  1. Xullo 27, 2012 4:56 pm

    Dende o Clube ARCO NARÓN estamos cheos de orgullo polo que está a facer a nosa representante.
    Polo seu traballo e sacrificio
    Por ser ela como é
    ¡¡¡¡ Meréceo…!!!!!.

  2. Xaneiro 6, 2013 9:19 pm

    O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, recibíu onte no Concello á arqueira Iria Grandal, que entrena co Club Arco Narón, con motivo da súa clasificación para os Xogos Olímpicos de Londres 2012. O rexedor ofreceulle unha recepción institucional na que tamén estiveron presentes os voceiros dos grupos políticos municipais de TEGA, PSOE, BNG e PP, ademáis dos pais da deportista. O acto iniciouse co visionado dunhas imaxes que resumían a traxectoria deportiva de Iria Grandal, e de seguido tomou a palabra a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, para felicitar á arqueira “á que lle quedan moitos retos por diante, e todo o que se propoña o vai acadar. Moitas grazas, Iria, porque estás a facer historia e estás a levar o nome de Narón polo mundo”. Ademáis, a edil de Deportes destacou a personalidade exemplar dunha “rapaza estupenda, boa compañeira e humilde ó máximo.

Trackbacks

  1. A ferrolá Iria Grandal, abre os Xogos para a participación galega
  2. Primera eliminatoria olímpica para Iria Grandal que intentará pasar ronda « ellastambienjuegan

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: