Skip to content

O Tomiño convida á Irmandiña de fútbol a festexar o Día das Letras Galegas

Maio 15, 2012

Redacción

A Selección Galega de Fútbol, dirixida pola adestradora Pili Neira, e a Selección do Baixo Miño (SFFBM) xogará un partido de fútbol feminino co gallo do 17 de maio, Día das Letras Galegas. A cita está prevista para as 17:00 horas no Campo Municipal O Alivio de Tomiño.

Cartel Trofeo Letras Galegas

Cartel Trofeo Letras Galegas

Neste concello decidiron que o deporte feminino era un bo xeito de festexar a cita anual coa lingua de Rosalía. Na tarde do 17 de maio as mellores futbolistas do país vanse xuntar na localidade para disputar un encontró que segundo indica a organización no espazo que crearon na rede social Facebook para promover o encontro “é de seguir promocionando e apoiando actividades deportivas e en especial darlle visibilidade ao deporte na comarca, neste caso ao fútbol feminino”.
Segundo relatan na bitácora Barbadás Base  a convocatoria estará formada por Sara Requeijo, Tatiana Tenreiro, Mónica Naval, Ana Álvarez, Fani Varela do Friol; Nera Carballo e Laura Souto, do Compostela; Andrea Carid, do Orzán; María Arufe e Natalia de Francisco, do Aurosana; Lucía Rosado, do Victoria CF; Catarina Da Rocha, do Erizana; Claudia García, Ana Buceta e Paula Fernández, do Olivo; Vanesa Sotelo, do Bertola; Patricia Casas, do Barbadás e Belén Fernández do Portosín.

 

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: