Skip to content

Galicia ten trece novas deportistas galegas de alto nivel

Abril 26, 2012

  • Dos 38 novos deportistas galegos de alto nivel (DGAN) que ven de recoñecer a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, 13 son femias.

  • Os homes duplican o número de elixidos no último procedemento.

  • No cómputo global so un de cada tres é unha muller.

A boxeadora Marta Brañas é Deportista Galega de Alto Nivel  / FOTO: SABELA MOSCOSO

Silvia Carregal

En total Galicia conta actualmente con 347 persoas recoñecidas coa condición de Deportista Galego de Alto Nivel (DGAN), segundo ven de informar a administración autonómica a través da súa páxina web. Na última convocatoria o número medrou en 38, unha cifra na que só un terzo son mulleres. O aumento de número de Deportistas Galegas de Alto Nivel seguiu a mesma ratio que dos últimos tempos, dado que no global de 347 pouco máis de cen son rapazas.

As novas deportistas galegas consideradas de alto nivel practican triatlón, boxeo, actividades subacuáticas, espeleoloxía, judo, patinaxe, halterofilia, xadrez, piragüismo e remo. A lista de modalidades deportivas increméntase coas das DGAN recoñecidas en anteriores convocatorias. Na lista de 309 deportistas que xa tiñan adxudicada esta distinción figuraban mulleres que practican: natación, voleibol, taekwondo, squash, vela, tiro olímpico, fútbol, tiro con arco, baloncesto, salvamento e socorrismo, atletismo, ciclismo, balonmán, fútbol sala, golf, rugby e loita.

 

BENEFICIOS

Os DGAN contan con bolsas que supoñen para os elixidos beneficios económicos pero, tal e como indica a Xunta de Galicia “os DGAN gozan de vantaxes para acceder a estudos oficiais e para compatibilizar a súa actividade deportiva coa académica. O programa DGAN foi posto en marcha no ano 2004 polo actual secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e está regulado polo Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, e pola Orde do 30 de maio de2005”.

Eva Castro

A ciclista Eva Castro tamén está considerada DGAN

 

QUEN PODE SER DEPORTISTA GALEGO DE ALTO  NIVEL

Os deportistas empadroados nun concello de Galicia, que teñan licencia deportiva nunha federación galega, que non estean a cumprir unha sanción (administrativa ou disciplinariamente) e sexan maiores de 16 anos poden solicitar ser considerados Deportista Galego de Alto Nivel.

Obviamente pídeselles ademais aos candidatos que teñan un certo nivel deportivo que varía en función da modalidade practicada. A lista de aspirantes é analizada pola “Comisión de Avaliación e Seguimento para o recoñecemento de DGAN que está presidida polo secretario xeral para o Deporte e formada, ademais, polos catro xefes dos Servizos provinciais de deportes, catro representantes das federación deportivas galegas, un especialista en materia deportiva e un funcionario que actúa como secretario”, explica a nunha nota a Xunta de Galicia. Esta comisión “valora as solicitudes presentadas, propoñendo o recoñecemento como DGAN dos deportistas que cumpran os criterios establecidos”.

 


Advertisements
2 Comentarios leave one →
  1. Hetai Terei permalink
    Xuño 3, 2012 8:25 pm

    Te he otorgado el Premio Liebster Blog, pásate el lunes 4 in the night por el mío, “Esto No Es Yugoslavia” a recoger el premio.

Trackbacks

  1. Galicia ten trece novas deportistas galegas de alto nivel

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: