Skip to content

Nin Orzán nin Victoria gañan o derbi coruñés do fútbol feminino

Abril 9, 2012

Redacción

O duelo de rivalidade das rapazas herculinas rematou en táboas. Houbo reparto de puntos no partido da primeira volta, disputado no campo da Leyma, e tamén no da segunda volta que acolleron os campos da Torre. Os dous cruces finalizaron cun marcador de 2-2.

Coas espadas en todo o alto mediron forzas Orzán e Victoria nun partido no que os dous equipos tiveron o seu momento. O empate a dous tantos foi o resultado final dun partido matutino que perdeu protagonismo ao competir en horario con Deportivo-Murcia.

Este resultado permite que tanto as rapazas que adestra Pili Neira como as que están as ordes de Manu Sánchez, poidan eludir, polo de agora, os postos de descenso. Os dous conxuntos chegan a este punto da competición coa permanencia na categoría coma meta principal. Orzán e Victoria andan á procura de continuar militando a próxima tempada na Segunda División feminina estatal.

O primeiro gol asinouno Celia para o Orzán ao transformar un penalti cando se levaba disputado un cuarto de hora de partido (0-1). O Victoria empataría por medio de Cris antes de que se consumisen os primeiros 45 minutos (1-1).

O 1-2 para o Orzán anotouno Eva a pase de Spi. En seguida as de Pili Neira retornaron o empate o marcador a través dun gol de Lucía que anotou o definitivo 2-2.

Por diante na táboa clasificatoria quedan as rapazas do Orzán cun punto máis no seu haber, pero cunha mala racha de resultados (levan sete derrotas en nove partidos).  Xusto detrás, o Victoria que aproveita o tropezo do Xixón para sacar a cabeza dos postos de descenso.

 

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: