Skip to content

Profesionais invisibles que non poden nin selo

Marzo 18, 2012

Silvia Carregal

Xornalista *

Non é doado saltar as barreiras, máis aínda tombalas. A invisibilidade coa que a prensa trata ás deportistas, ou peor aínda, a superficialidade coa que fala do papel da muller no deporte levando ás páxinas dos diarios a curiosidade e a banalidade, no canto do esforzo e o sacrificio das deportistas de diversas modalidades. Son unha barreira por derrubar.

Poucos saben que Galicia conta cun equipo na Superliga de fútbol feminino, o conxunto vigués da Federación de Peñas Recreativas El Olivo. Ou que en Compostela naceu unha futbolista excepcional, Verónica Boquete, que está a facer un traballo tremendo por motivar a base e darlle azos ás máis mozas para acariñar o balón sen prexuízos.

Esta futbolista galega foi elixida mellor xogadora da Women’s Professional Soccer, a liga feminina de fútbol de Estados Unidos. Esta competición está considerada a de maior prestixio internacional.

Verónica é internacional coa selección española e vai polo mundo a diante marcando goles e gañándose a vida coma deportista profesional. Estados Unidos, Rusia, Suecia… Pero en España, Boquete non pode. Aquí a lexislación aínda non deu vía libre á profesionalización do fútbol feminino. Unha situación que proba que a muller segue a estar inxustamente relegada no mundo do deporte.

Velaí temos dúas fronteiras por cruzar a da profesionalidade e a da invisibilidade cando no deporte os únicos límites que deberan ter @s deportistas son a liña de gol ou a de meta.

Principiamos co derrubo?

__________________________________________________________________________

* Silvia Carregal é xornalista. Cunha formación multidisciplinar, ten exercido o xornalismo en prensa, radio, internet, televisión e cine. Na súa traxectoria profesional figuran medios como Xornal de Galicia, Xornal.com, TVEAgencia Canaria de Noticias, DxT Campeón, Coruña Televisión ou Radio Culleredo

__________________________________________________________________

Advertisements
No comments yet

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: