Skip to content

Quen se apunta a adestrar con Vero Boquete?

Novembro 12, 2011

Redacción

A primeiros do vindeiro mes de decembro, coincidindo coa ponte do día 8, o Tomiño FCF e a xogadora galega Verónica Boquete organizan un adestramento que pode ser inesquecibel para moitas rapazas que teñen a esta deportista coma referente.

Segundo a propia futbolista explica nunha carta o día 8 de decembro está previsto que estea en Tomiño para facer unclínic con todas as rapazas que o desexen. Explica a capitana da Selección Española e da Galega de Fútbol que “é o momento de promocionar e apoiar o fútbol feminino, e esa é a idea, que coñezan a miña historia, que sexan conscientes de tódalas as oportunidades que ofrece este deporte, que se animen a seguir practicándoo e que pasen un bo rato facendo o que máis lles gusta, xogar o fútbol”.

A cita coa futbolista que foi elixida na última tempada Mellor xogadora do ano pola Women’s Professional Soccer, a liga de fútbol feminino de Estados Unidos, está marcada para o día 8 de decembro ás 10:30 horas no Campo de Fútbol A Carballa en Tomiño. No caso de que chova o adestramento trasladaríase o Pavillón Municipal do concello.

clínic rematará cun partido entre a Selección do Baixo Miño e o Coruxo F.C.

A participación das rapazas interesadas precisa de inscrición previa antes do 30 de novembro. Os que desexen poñerse en contacto coa organización poden chamar o teléfono do Tomiño FCF 600.440.899, ou escribir a algún dos enderezos electrónicos seguintes: tominofcfemenino@gmx.es ou v.boquete@hotmail.com.

 

O dito, quen se apunta a adestrar con Vero Boquete?

 

Advertisements
One Comment leave one →
  1. Novembro 12, 2011 9:22 pm

    Gracias pola tua colaboración difundindo o evento de parte de toda a familia tomiñesa un saudo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: