Skip to content

Olga Viza, María Escario e Paloma del Río, xornalistas con “cabeza”

Outubro 10, 2011

Silvia Carregal

Xornalista *

As xornalistas deportivas Olga Viza, Paloma del Río e María Escario veñen de ser distinguidas cunha Medalla de Plata de la Real Orden del Mérito Deportivo. O premio é merecido e outorga visibilidade ás mulleres que, nalgún momento da nosa traxectoria como narradoras de realidades, decidimos apostar polo deporte.

Teño para min que a profesionalidade de todas elas está lonxe de toda dúbida a estas alturas, pero custoulles acadar o respecto dos seus compañeiros e das audiencias.

Días atrás puiden ler declaracións que elas tiñan feito co gallo do galardón que se lles outorgaba. As súas verbas defínenas tamén como profesionais e persoas. Fan interesantes reflexións coas que concordo e que me gosto de compartir agora cos lectores.

Paloma Del Río: “Custounos moito traballo demostrar que a muller pode facer este traballo tan dignamente coma un home. Agora mírase máis o superficial. Cando as rapazas saen da facultade dáselles unha oportunidade por que son guapas, pero terán que aproveitar esas oportunidades para demostrar que valen”.

Olga Viza: “Tes que manterte coas mesmas ganas, curiosidade e humildade. O importante non é o continente, senón o contido. Non hai que quedar na superficialidade”.

María Escario: “O meu primeiro día de traballo en TVE, en marzo de 1985, o meu xefe díxome nada máis chegar que me adicara a ‘deportes de mulleres’. ‘Cales son os deportes de mulleres?’, respondinlle. Era o meu primeiro día e xa me estaban a discriminar (…) Os medios seguen a estar gobernados por homes, temos que acadar o noso sitio e igualdade de condicións e o temos que facer coa cabeza, non so con beleza. Hai que pelexar con dignidade para conseguilo”.

No fondo das súas verbas hai unha cuestión exposta que considero de calado e na que eu tamén levo tempo matinando. Por un lado as xornalistas temos acadado unha maior presenza na información deportiva, pero… temos peso? Até que punto nos estamos deixando converter en mulleres floreiro?

María Escario e Olga Viza, son dúas profesionais que para min, xunto con Lis Franco no ámbito galego, foron un referente do que quería ser de maior. Así que vou facer miñas as súas palabras: actuemos con “cabeza, non so con beleza” e lembremos que o importante é “non é o continente, senón o contido”.

Ás veces somos nós mesmas as que perdémonos o respecto e cedemos espazo na nosa dignidade. Neste tema, como en case todo, non é cuestión de cantidade, e si de calidade.

As premiadas coa Infanta Cristina o día da entrega das medallas

__________________________________________________________________________

* Silvia Carregal  é na actualidade xefa de sección en Xornal de Galicia, formando parte desde 2004 da redacción de Xornal.com. A súa formación multidisciplinar lle ten permitido exercer o xornalismo en prensa, radio, internet, televisión e cine. Na súa traxectoria profesional figuran medios como TVEAgencia Canaria de Noticias, DxT Campeón, Coruña Televisión ou Radio Culleredo

__________________________________________________________________

Advertisements
One Comment leave one →
  1. XPC permalink
    Outubro 10, 2011 5:22 pm

    María Escario moita cabeza non ten, ou senón como se explica este vídeo?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: