Skip to content

Mercé Barrientos: “É inaceptable que homes e mulleres leven premios de diferente contía”

Xullo 23, 2011

Considera que os medios “teñen unha responsabilidade social para mudar esta realidade”

Mercé Barrientos

Mercé Barrientos



Mercé Barrientos / FOTO: FEDERACIÓN GALLEGA DE TAEKWONDO

Silvia Carregal

A presidenta da Federación Galega de Taekwondo, Mercé Barrientos, asegura que o recoñecemento “dos éxitos das mulleres non está para nada equiparado co dos homes”. Amósase convencida de que se as mulleres “apareceran nos medios de comunicación terían máis facilidades para obter patrocinios e medios”. Ademais defende que a modalidade deportiva da que é cabeza visible en Galicia, o taekwondo pódese practicar a calquera idade

Considera que a muller no deporte ten un trato igualitario?

Si. Absolutamente. Que a muller no deporte ten un trato desigual evidente para calquera que non teña una venda nos ollos ou non o queira recoñecer. O non estar nos medios de comunicación, o deporte feminino ten moitas dificultades para contar con patrocinadores. O recoñecemento dos éxitos das mulleres non está para nada equiparado. Hai modalidades nas que ocorren cousas que me parecen inaceptables que os premios de homes de mulleres son de distinta contía ou que hai modalidades que poden practicar os homes pero as mulleres non. É denigrante. É evidente que as mulleres non practican tanto deporte como os homes, a certas idades tampouco o teñen asumido como modo de lecer porque non lles aprenderon.

Que mudaría ou que pensa que se pode facer para acadar unha maior visibilidade do deporte feminino?

Eu estou obcecada co tema dos medios de comunicación. Teñen unha responsabilidade importante como medios de comunicación social en cambiar esta realidade. Si as mulleres apareceran nos medios de comunicación terían máis facilidades para obter patrocinios, medios, instalacións dispoñibles en horarios adecuados… Os medios teñen que visibilizar que as mulleres fan deporte, porque se non a realidade non vai cambiar.

Se se conseguiu que a Fórmula 1 lle interesase aos españois pola presencia dun gran deportista e se creu un modelo social, ese mesmo traballo pódese facer co deporte feminino. Creo que as institucións teñen que traballar niso. Moitos medios de comunicación viven da publicidade institucional, e dicir, de cartos públicos, polo que as institucións deberían de esixir que os medios que se nutren de cartos públicos teñan unha labor social como pode ser a de promover hábitos de vida saudables.

Antes de presidenta da Federación Galega de Taekwondo e foi deportista. Como­ lembra esa etapa?

A min o que me gusta é dar patadas, soa fatal (ri). Gozaba tanto, pese as condicións duras, compaxinando os estudos, traballo e deporte… pero gozaba tanto adestrando e competindo, que sempre digo que quero que alguén colla a presidencia para poder adestrar. Esa etapa foi marabillosa, rimos, choramos, gañamos e perdemos, foi absolutamente estupendo. Gran parte da miña vida está condicionada polo que fixen nesa etapa, incluso a miña forma de moverme logo de horas e horas de repetir xestos técnicos de repetir patadas, lle pasa a moitos deportistas.

O Taekwondo é unha disciplina que se pode practicar a calquera idade?

Temos a Encarna Quintela. É medallista no Campionato de España, que pode ser a miña nai e está practicando taekwondo con total tranquilidade. Cando adestraba en Vigo tiñamos una clase cunha media de idade duns 60 anos. Pódese practicar a calquera idade e con obxectivos moi diversos. Podes facer combate, técnicas, podes simplemente adestrar e suar un pouco… é un deporte para toda a vida. Forma parte da nosa saúde.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: